A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia pon en marcha a unha nova edición do programa formativo “A Intelixencia Artificial no día a día” para achegar as vantaxes da IA entre a cidadanía. Son un total de 17 xornadas que se realizarán de xeito presencial durante os meses de novembro e decembro en aulas da Rede CeMIT
A formación achega aos participantes os conceptos e características básicas da IA, o seu impacto no día a día e a súa contribución á sociedade. Son sesións de 90 minutos de duración, nas que se presentan casos prácticos de emprego da intelixencia artificial na vida cotiá, así como as posibles barreiras ou dificultades no seu uso e os posibles riscos.
O obxectivo das xornadas é que os participantes poidan adquirir as competencias necesarias para o uso de ferramentas que empregan a IA como o móbil, asistentes persoais, tradutores instantáneos ou a xeración de imaxes, entre outros.
Os interesados en participar poder formalizar as inscricións poñéndose en contacto cos responsables das aulas CeMIT ou, a través de internet, na web https://cemit.xunta.gal