Da man

Da Man é un proxecto colaborativo de Amarelo e Manu Lago que conta co patrocinio da Axencia Galega das Industrias Culturais a través do Centro Coreográfico Galego para o acompañamento de artistas emerxentes en danza seleccionadas mediante convocatoria.

As artistas son acompañadas durante o proceso de creación dunha peza ou do desenvolvemento dun proxecto de compañía a través de titorías de contido administrativo, loxístico, artístico, financieiro e de calquera outra temática que o proceso en concreto requira. Durante este acompañamento trasládanselles os coñecementos e informacións necesarias para realizar unha produción profesional, búsqueda de residencias e recursos económicos, venda e distribución do espectáculo, redes e circuitos e contactos, etc.

proxecto de danza de artista/s emerxente/s galega/s ou residentes en Galicia debe mostrar as claves da nova creación ou do proxecto (tipoloxía, formato, equipo, calendario previsto, e todos os datos que se consideren relevantes). Máximo 3 páxinas.

presentación dos proxectos realizarse mediante o envío por correo electrónico ao enderezo lilian@amarelo.es indicando no asunto “Da Man”.
 
Requisitos
Artistas que, sen importar a súa idade, xénero, nin datos biométricos, non teñan creados máis de 3 espectáculos integrados en circuitos/programacións profesionais e queiran iniciar o proceso de creación dunha nova peza de danza, impulsar a súa compañía ou outro tipo de proxecto arredor da danza.

Dotación
Un acompañamento 360: facemos un acompañamento en todo o proceso de xestión de compañía, de produción e creación, plan de distribución e calquera outra etapa que contemplen os plans das creadoras.
A inclusión da peza no catálogo de Amarelo, no caso dunha nova produción.

prazo de presentación de proxectos estará aberto ata o 11 de novembro de 2024.

Máis información
https://www.amarelo.es