O Programa Kit Dixital é un programa do Goberno de España, xestionado por Red.es, que ten o obxectivo de dixitalizar a pemes e autónomos de todos os sectores produtivos en todo o territorio nacional. A convocatoria das axudas encamiñadas a esta dixitalización de pequenas empresas de menos de 3 empregados.
As microempresas e autónomos poderán adquirir unha ou varias solucións de dixitalización das previstas no catálogo:
– sitio web e presenza na internet
– xestión de redes sociais
– comercio electrónico
– a xestión de clientes
– servizos e ferramentas de oficina virtual
– intelixencia empresarial e analítica
– xestión de procesos
– factura electrónica
– comunicacións seguras e ciberseguridade
– presenza avanzada na internet
– Marketplace
– Posto de traballo seguro.
A contía dos bonos será de 3.000 €.
Para solicitar a axuda, as empresas deberán primeiro rexistrarse na área privada de acelerapyme e completar o test de autodiagnóstico dixital, a continuación, consultar a información dispoñíbel das solucións de dixitalización no catálogo e finalmente, solicitar a axuda na sede electrónica de Red.es
O formulario para solicitar está aberto a través da sede electrónica de Red.es ata o 31 de outubro de 2025 ás 11:00.