Vigolandia

Abel Caballero asegurou, ao presentar a nova edición de “Vigolandia”, que a cita de lecer familiar que durante cinco xornadas se celebra no IFEVI, “completa” o Nadal de Vigo porque favorece o goce dos máis pequenos e dos seus pais “nun ambiente extraordinario”.

O alcalde puxo en valor a extensa oferta de actividades despregadas entre as 12 da mañá e as oito da tarde. Este ano destacan, ademais dun inchable xigante de 70 metros, novos xogos e unha tirolina, os espazos despregados para os amantes de LEGO, así como para os combates Láser Tag, e o concurso cos mini chefs.

Vigolandia mantén o seu carácter benéfico a través dun punto de recollida de xoguetes e de alimentos non perecedoiros.