O IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela convoca o Premio Stephen Hawking que contempla a realización de traballos orixinais de investigación (básica, aplicada) ou de divulgación, realizados por alumnado de Bacharelato, relacionados co tema de carácter científico proposto.
Nesta VII edición, a figura de referencia será a microbióloga, Dra. Marisol Soengas González, directora do grupo de Melanoma, no Centro Nacional de Investigacións Oncolóxicas (CNIO) e Presidenta da Asociación Española de Investigación sobre o Cancro (ASEICA), sendo “INICIATIVA E SUPERACIÓN” o lema elixido para o seu desenvolvemento.
Poderán tomar parte neste certame, de forma individual, ou en grupos de non máis de 4 estudantes, o alumnado que desenvolvese o seu proxecto investigador, no bacharelato, entre os cursos 2022-23, 23-24 e 24-25.
Os participantes deberán estar coordinados por un profesor ou profesora do centro ao que pertenzan, que realizará funcións de supervisión dos traballo e se responsabilizará da súa autoría orixinal.
Recoméndase que, en canto á estrutura e contido, se planifique como un traballo de investigación que puidera culminar nun artigo susceptible de ser publicado nas revistas científicas propias da disciplina e/ou ser presentado en congresos científicos, cunha extensión máxima de 4000 palabras.
Poderánse presentar traballos en 4 ámbitos temáticos:
– Matemáticas e Ciencias da Computación
– Ciencias da saúde
– Ciencias Experimentais
– Ciencias Sociais, Humanidades e Artes
Prazos:
Un posible título do traballo, ámbito do mesmo e autoría deberán ser comunicados no formulario que indicará a organización do premio, con anterioridade ao 14 de febreiro de 2025.
Os traballos definitivos deberán ser enviados en formato dixital (pdf) á dirección de correo electrónico: premiostephenhawking@iesrosaliadecastro.org, indicando no asunto: “Premio de Investigación Stephen Hawking. 6ª Edición”, antes do Martes, 18 de marzo de 2025.
O póster e o video, dos traballos seleccionados, deberán enviarse con anterioridade ao 28 de marzo de 2025.
Premios:
– 1.000 euros para o Premio Stephen Hawking de Investigación Científica e Divulgación, que resultará elixido entre os mellores traballos de cada ámbito temático.
– 2.000 euros a repartir en 4 Premios aos mellores traballos por ámbito temático.
– 1.600 euros distribuidos en Mencións de Honra aos traballos mais salientables entre todos os que decida o tribunal.