A Deputación Provincial de Segovia convoca o XXXV premio internacional de poesía en lingua castelá “Jaime Gil de Biedma”.
Poderá concorrer a este premio calquera persoa física (non se admiten persoas xurídicas), de calquera nacionalidade ou lugar de residencia. A autoría do poemario que se presente corresponderá a unha soa persoa (non se admiten traballos colectivos), quen será, no seu caso, a beneficiaria do premio.
Establécense dous premios, un deles reservado a persoas nadas con posterioridade ao 31 de marzo de 1995, é dicir, que non superasen os 30 anos o día 31 de marzo de 2025, data de finalización do prazo de presentación dos traballos, que se denominará “premio Jaime Gil de Biedma para novos poetas”.
Todos os poemarios presentados accederán ao premio de maior dotación, ao que se denomina “Premio Jaime Gil de Biedma”, de modo que tamén os menores de 30 anos poden
obter o premio absoluto.
A dotación do premio é de dezasete mil euros (17.000 €), distribuídos do seguinte modo:
Premio Jaime Gil de Biedma dotado con doce mil euros (12.000 €).
Premio Jaime Gil de Biedma para novos poetas dotado con cinco mil euros (5.000 €).
O prazo de admisión de traballos comezará o día 1 de xaneiro de 2025 e finalizará o 31 de marzo seguinte. A validación do prazo farase en función da data e hora de recepción e en horario oficial de España.
Máis información: Premio Gil de Biedma