A Xunta de Galicia convoca axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos.
As subvencións teñen por obxecto a corrección de impactos paisaxísticos, todo isto en congruencia cos valores paisaxísticos recollidos no Catálogo das paisaxes de Galicia e os obxectivos e criterios que expresan as directrices de paisaxe de Galicia.
Poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
b) Remate, renovación e/ou substitución do acabado exterior de cubertas.
c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.
A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento MT402A
O prazo para presentar solicitudes estará aberto do 20 de xaneiro ao 20 de febreiro de 2025.
Máis información no DOG do 9 de xaneiro de 2025