VIII Concurso para o deseño do cartel do día 8 marzo “Día Internacional Da Muller “

Con motivo da conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller, a Xunta de Galicia convoca un concurso de carteis.

O obxecto do concurso é fomentar a promoción da igualdade dentro dos centros educativos de Galicia, a través dunha expresión artística que visibilice a contribución das mulleres nos distintos ámbitos e promova a reflexión sobre os estereotipos de xénero, as causas e a orixe da discriminación de xénero, así como o camiño que as mulleres tiveron que percorrer para ver recoñecidos os seus dereitos.

A imaxe gráfica que resulte gañadora en cada categoría poderá ser utilizada pola Xunta de Galicia na conmemoración do Día Internacional da Muller, día 8 e Marzo, así como para outras accións de sensibilización e de promoción da igualdade.

Participantes: Poderán participar no concurso calquera centro educativo de ensino non universiario: educación infantil, primaria, ESO, bacharelato e formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.

Categorías:

1º Categoría.- Alumnado de infantil. 1º, 2º, 3º e 4º de educación primaria.

2º Categoría.- Alumnado 5º e 6º de educacion primaria, 1º, 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e educación especial.

3º Categoría .- Alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) , 1º e 2º de bacharelato, FP básica, ciclos de grao medio e ciclos de grao superior.

Premios: Concederanse dous premios por cada categoría.

Os premios consistirán nun cheque regalo para investir no comercio local en material didáctico, deportivo ou tecnolóxico, para cada un dos alumnos e alumnas integrantes do equipo gañador, valorado en 100€ e en 50€ respectivamente para o primeiro e segundo premio, así como nun lote de libros para o centro.

O xurado poderá conceder premios compartidos, accésit ou declarar o premio deserto.

Prazo: do 15 de xaneiro ata o día 20 de febreiro de 2025, ás 15:00 horas.

Bases do Concurso