Descubre a ciencia dunha forma divertida e accesible en Galiciencia, a feira científica máis grande de Galicia desde 2006. Aberta a todos os públicos, especialmente a estudantes de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP, Galiciencia ofrece un certame cheo de charlas, talleres, concursos e actividades que se renovan cada ano.
A temática da edición de 2025, ano no que se celebra o XX aniversario, é Neurociencia e saúde mental
Durante 3 días (14, 15 e 16 de maio) os e as estudantes que desenvolveron con apoio dos seus profesorado, un proxecto utilizando o método científico relacionado tanto coas Ciencias Experimentais como coas Ciencias Sociais expóñeno e explícano ao público visitante. Galiciencia desenvolverase no Parque Tecnolóxico de Galicia en San Cibrao das Viñas, Ourense.
Como participo en Galiciencia?
Este ano a exposición de proxectos de Galiciencia terá un formato híbrido de maneira que os centros educativos teredes que seleccionar como máximo dous proxectos para presentarvos á Galiciencia de forma presencial e sen límite de proxectos para presentarvos á Galiciencia online.
PASO 1
Como elixes un tema? Algúns exemplos
Podes facer un proxecto sobre un tema que che interesa, sobre algo que acabas de descubrir, un tema que liches na prensa… pero o máis importante é que sexa factible. Fai unha maqueta, un estudo de campo ou o que se che ocorra. Iso si ¡desfruta!
PASO 2
Xa teño tema. E agora?
Documéntate e comproba que xa non está feito
Formula unha hipótese ou un obxecto tecnolóxico a deseñar
Deseño experimental – Desenvolvemento dun prototipo
PASO 3
Xa teño tema. E agora? Parte 2
Recollida de resultados
Conclusións
Bibliografía
PASO 4
Como o presento?
Tedes que gravar un vídeo en formato horizontal de máximo 1 minuto de duración
O importante do vídeo non é tanto a calidade da imaxe como a defensa oral e a capacidade de síntese
Unha vez gravado súbeo a Youtube e envía o enlace a través do formulario de inscrición
Envía un PDF do teu proxecto
No formulario tes un botón para descargar o documento de axuda. Como preparar un bo pdf? (Só para Secundaria/Bacharelato)
Durante o evento realizaranse diferentes talleres temáticos relacionados coa temática anual. Nesta edición “Neurociencia e saúde mental”.
Concursos asociados a Galiciencia
Concurso deseño camiseta
O concurso está aberto a todo o alumnado de primaria dos centros educativos de Galicia.
Os deseños deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición: Neurociencia e saúde mental.
O prazo de presentación dos deseños é desde o 27 de xaneiro ata o 17 de marzo de 2025.
Todos os participantes que desexen formar parte deste concurso deberán enviar un mail cos deseños escaneados ou ben presentar os orixinais na recepción do Parque Tecnolóxico de Galicia.
Concurso Fotografía
O concurso está aberto a todo o alumnado e profesorado de Secundaria, Bacharelato e FP dos centros educativos de toda España.
As fotografías deben ter como punto de referencia calquera obxecto ou contorna relacionada coa temática referencia desta edición:Neurociencia e saúde mental.
O prazo de presentación das fotografías é desde o27 de xaneiro ata o 21 de abril de 2025.
Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán:
Seguir o Instagram de Galiciencia.
Subir as súas fotografías a través da rede social Instagram etiquetando a Galiciencia co hashtag (etiqueta) #concursogalicienciaonline2025