Axudas á contratación indefinida e á formación

A Xunta de Galicia convoca axudas ás persoas traballadoras autónomas para a contratación indefinida inicial e para a formación de persoas desempregadas. Serán subvencionables as contratacións indefinidas que se formalicen desde o 1 de outubro de 2022 ata o 29 de setembro de 2025.

Inclúense dous tipos de axuda compatibles:
a) Bono de contratación, por medio do cal se proporcionará unha subvención para a contratación indefinida inicial de persoas desempregadas realizadas por persoas traballadoras autónomas ou persoas profesionais con domicilio social e fiscal en Galicia.
b) Bono de formación (opcional), dirixido ás persoas contratadas por medio desta orde, para levar a cabo accións formativas que melloren os seus coñecementos e habilidades relacionados co posto de traballo.

O procedemento tramitarase en https://sede.xunta.gal co formulario TR349F.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto entre o día 24 de xaneiro e o 30 de setembro de 2025.

Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2025 e en https://emprego.xunta.gal/portal/gl/empresas.html