A Xunta de Galicia e o Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) convocan o IX Concurso literario infantil e xuvenil sobre a protección de datos.
Poderán participar todos os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria e 1º a 4º de ESO estudantes en centros escolares sostidos con fondos públicos de Galicia.
O xénero literario será artigo periodístico, exposición divulgativa (entrada de blogue ou artigo de divulgación), conto ou relato curto.
Como liñas condutoras destes traballos pódense considerar as seguintes:
Que é para ti a protección de datos?
Como afecta a protección de datos no teu día a día?
Protexe os teus datos, protexe a túa privacidade, protéxete.
Que acontecería se houbese protección de datos no conto da Carapuchiña Vermella?
Protexer os datos nas redes sociais, é importante?
Como protexes os teus datos?
Os traballos deberán presentarse en formato dixital en PDF, cunha extensión de entre 1.000 e 2.000 palabras para as categorías de 1º e 2º de ESO e 3º e 4º de ESO, e de entre 800 e 1.000 palabras para a categoría de 5º e 6º de Primaria. Cada concursante poderá presentar ao certame cantos traballos desexe.
O prazo para presentalos estará aberto ata as 15:00 horas do 28 de febreiro. As persoas titoras enviarán os traballos do seu alumnado ao correo electrónico premioliterario@cpeig.gal.
Haberá un premio para a categoría de 5º e 6º de primaria, outro para a categoría de 1º e 2º de ESO, e outro para a categoría 3º e 4º de ESO, que consiste nunha tablet para o autor ou autora e un kit de robótica para a súa aula. Ademais, aquel centro que conte con maior participación recibirá un recoñecemento especial da organización.
Máis información en https://cpeig.gal/node/1758