A Xunta de Galicia convoca subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora en Galicia das persoas galegas retornadas, subvencionando os gastos que supón o seu establecemento como persoas traballadoras autónomas ou por conta propia, ou como socias traballadoras de sociedades laborais ou cooperativas de traballo.
Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas que, residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:
1. As persoas galegas e nacidas en Galicia.
2. Os cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia.
A contía da subvención é de 6.000 euros.
O importe da subvención incrementarase no caso de concorreren as seguintes situacións e nos seguintes importes, que serán acumulables:
a) No caso de que a persoa solicitante sexa muller: 1.000 euros.
b) No caso de que o centro de traballo estea situado nun concello rural: 3.000 euros
O prazo para presentar a solicitudes estará aberto ata o 30 de setembro de 2025 e tramitaranse en https://sede.xunta.gal co código de procedemento PR937A.
Máis información no DOG do 30 de xaneiro de 2025 e en https://emigracion.xunta.gal/es/actividad/retorna