Deseño da camiseta oficial de Galiciencia 2025

Gustaríache que a túa creatividade vista o evento científico Galiciencia 2025?

Este ano a feira científica Galiciencia, invítate a participar no concurso de deseño da súa camiseta oficial, onde a protagonista será a temática desta edición: Neurociencia e saúde mental.

Este certame é unha oportunidade para que o alumnado de primaria de Galicia exprese a súa imaxinación e talento artístico, deixando a súa pegada nun evento que reúne á comunidade científica e educativa de toda España. Anímate a participar e comparte a túa visión co mundo!

O prazo de presentación dos deseños estará aberto ata o 17 de marzo de 2025.

Todos os participantes que desexen tomar parte neste concurso deberán enviar un mail cos deseños escaneados ou ben presentar os orixinais na recepción do Parque Tecnolóxico de Galicia. Enviaranse por correo ao seguinte enderezo galiciencia@tecnopole.gal

– Poderase presentar un máximo de dous deseños por persoa.
– Os deseños poden ser presentados por unha única persoa ou por grupos de varias. Neste último caso, deberá constar o nome dunha persoa como titular do deseño.
– Os deseños deberán ser orixinais e inéditos e non ter sido premiados en ningún outro concurso. Os participantes deberán ser os/as autores/as das obras presentadas.
– Os deseños deberán presentarse nun folio tamaño A4 (210mmx297mm), e o deseño presentado non poderá ser inferior a un A5 (210mmx148,5mm) de superficie, é dicir, que dentro do folio A4 non se faga un debuxo que ocupe menos da metade do dito folio (A5).
– O formato poderá ser horizontal ou vertical.
– O deseño deberá realizarse sobre fondo branco.

Premio
O/a autor/a do deseño ganador recibirá como premio: camisetas para toda a súa clase de primaria incluídas camisetas para dous docentes e dous familiares.
Ademais estas camisetas serán distribuídas entre o persoal da organización de Galiciencia e os expositores de proxectos.