A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca probas de avaliación de carácter libre para a obtención do certificado de competencias dixitais (ComDix) no seu nivel iniciación.
As probas de certificación presencial desenvolveranse os días 2, 3 e 4 de abril en aulas Cemit de toda Galicia.
Para a preparación das probas de certificación de iniciación ponse á disposición do usuario, como material de apoio, o programa de autoformación conformado por un itinerario formativo composto por 7 cursos:
- Empezamos! Que nivel de competencias teño? Introdución ao Marco galego de competencias dixitais.
- ComDix iniciación I: coñece a contorna dixital.
- ComDix iniciación II: ten a información dixital sempre á man; buscar, seleccionar e gardar.
- ComDix iniciación III: tecnoloxías dixitais para conversar, compartir e colaborar.
- ComDix iniciación IV: participa na sociedade dixital; as vantaxes da administración electrónica.
- ComDix iniciación V: crea contidos dixitais con ferramentas ofimáticas e multimedia.
- ComDix iniciación VI: atopa o benestar dixital; tecnoloxía con «sentidiño».
O acceso aos contidos pode realizarse en calquera momento e estarán dispoñibles permanentemente na plataforma de teleformación https://formacion-cemit.xunta.gal
As persoas que desexen participar nas probas de certificación deberán ser maiores de 16 anos e inscribirse na páxina web da rede CeMIT, https://cemit.xunta.gal, ata o 28 de febreiro de 2025
Máis información no DOG do 21 de febreiro de 2025