O Ministerio de Educación convoca axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo para o curso académico 2025-20256.
Convócanse as seguintes axudas individualizadas:
a) Axudas directas para os alumnos, incluíndo ao alumnado con TDAH (Trastorno por déficit de atención por hiperactividade), que requiran por un período da súa escolarización ou ao longo de toda ela, determinados apoios e atencións educativas específicas derivadas de discapacidade, de trastornos graves de conduta ou de trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.
Tamén poderá ser beneficiario de axudas directas o alumnado con Trastorno do espectro autista (TEA) que requira estes apoios e atencións educativas específicas.
b) Subsidios por necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais para familias numerosas.
Tamén poderán ser beneficiarios destes subsidios os alumnos con TEA, pertencentes a familias numerosas.
c) Axudas para programas específicos complementarios á educación regrada para alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
d) Subsidio de contía fixa para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización dos alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe.
Tamén poderá ser beneficiario o alumnado con TEA que requira estes apoios e atencións educativas específicas e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a altas capacidades intelectuais.
Requisitos: poderán solicitar as axudas o alumnado que non superen unha determinada renda e/o patrimonio familiar e que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade ou trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais e que se atopen cursando estudos nun centro específico, nunha unidade de educación especial de centro ordinario ou nun centro ordinario que escolarice alumnos que presenten necesidade específica de apoio educativo nalgún dos seguintes niveis educativos:
a) Educación infantil.
b) Educación primaria.
c) Educación Secundaria Obrigatoria.
d) Bacharelato.
e) Ciclos formativos de grao básico.
f) Ciclos formativos de grao medio e de grao superior.
g) Ensinos artísticos profesionais.
h) Programas de formación para a transición á vida adulta.
i) Outros programas formativos de formación profesional.
Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumnos con necesidade específica de apoio educativo asociada a altas capacidades escolarizados nalgún dos niveis educativos que se sinalan nos apartados b), c), d), f) e g) anteriores.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto entre o 30 de abril e o 11 de setembro de 2025 inclusive.
Máis información no BOE do 25 de abril de 2025 e en
https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/estudia…