Son espazos lúdico-educativos que empregan o xogo e o xoguete para procurar o desenvolvemento integral das nenas e dos nenos.
Nestes espazos ofértanse:
- Unha grande variedade de xoguetes e materiais lúdicos, axeitados ás idades e características dos e das rapaces e rapazas.
- Un proxecto socio-educativo que é a base do noso traballo.
- Un equipo de profesionais do ámbito social, educativo e do lecer.
Servizos que se ofertan:
- Salas para gozar da túa música
- Libros, banda deseñada e prensa
- Xogos e obradoiros sobre o medio natural
- Xogos de mesa
- Xogos simbólicos e dramáticos
- Salas de manualidades e obradoiros
- Creación e construción de xoguetes
- Obradoiros de cociña
- Cine infantil
- Xogos de construción, quebracabezas, maquetas
- Xogos de exterior, xogos con material alternativo, xogos cooperativos, xogos predeportivos, e deportes
Outros servizos:
- Colaboración con diferentes entidades e asociacións.
- Asesoramento ás nais e pais
- Préstamo de xoguetes e libros
- Saídas e excursións
Documentación requirida
- Rexistrarse como participante na web. Primeiro deberá rexistrarse o/a pai/nai, titor/a para, a continuación, rexitrar ós/ás nenos/as.
- Fotocopia da Tarxeta Sanitaria da Seguridade Social ou do seguro privado do/a neno/a.
- Unha fotografía tamaño carnét.
- Fotocopia do DNI/NIE, libro de familia ou pasaporte.
E calqueira outro informe que se solicite.
Enderezo: rúa López Mora 31, 36211 Vigo
Teléfono: 986 294 806. 624 690 208
Correo electrónico: xuventude@vigo.org
Servizos: Servizos de dinamización infantil (4-12 anos) durante curso escolar, semana santa e nadal
Horario en periodo escolar: De luns a venres de 16:30 a 20:30 horas.
Horario en vacacións escolares: de 7:45 a 15:15 horas.
* En xullo funciona como campamento formando parte do programa Verán Xove.
**O mes de agosto permanecerá pechada.
Liñas de autobuses: C5A, C5B, C9A, C9B, C17, L4A, L4B, L12A, L12B, L20.