2021 Rutas pola ría de Vigo

Alcabre

Desembarco nas Illas Cíes

Actividades: ruta de un día nas Illas Cíes que inclúe viaxe en barco, ruta guiada e actividades de animación. (*non se inclúe a comida)

Destinatarios/as: 1 pai/nai/titor/a acompañando aos seu fillos/as nacidos/as entre os anos 2005-2017. No caso de familias numerosas permitirase que acudan os dous proxenitores.

Requisitos: empadroados/as no Concello de Vigo.

Horario: de 11:00 a 19:30 horas.

Xullo: 20, 21, 26 e 28.
Setembro: 1, 4, 12, 18 e 26.

Ruta ‘Un mar de Verne’


Actividades
: ruta guiada pola ría viguesa que terá como temática a literatura, a historia e os recursos naturais. Así mesmo con esta actividade preténdese poñer en valor a acuicultura da ría de Vigo. Con saída dende o Real Club Náutico. A duración será de 1:30 horas.

Anos de nacemento: nacidos/as entre os anos 2005-2013.(non acompañados de adulto/a).

Requisitos: empadroados/as no Concello de Vigo.

Lugar de encontro: estatua de Julio Verne 15 minutos antes da hora de saída do barco.

Horario: martes e xoves e sábados de 10:00h a 11:30h.

Xullo: 15, 17, 20, 22, 24, 27, 29 e 31.
Agosto: 3, 5, 7, 10, 12, 14, 17, 19, 21, 24, 26 e 28.
Setembro: 2, 4, 7, 9, 11, 14, 16, 21, 23, 25, 28 e 30.
Outubro: 2, 5, 7 e 9.

Ruta de divulgación do coñecimento da ría


Actividades
: a bordo do buque oceanográfico Nautilus, deseñado especificamente para a investigación, a divulgación científica e ambiental o/as participantes poderán vivir unha experiencia educativa e entretida nun percorrido fascinante pola ría de Vigo de de 1:30h de duración.

Anos de nacemento: nacidos/as entre os anos 2005-2013. (non acompañados de adulto/a).

Requisitos: empadroados/as no Concello de Vigo.

Lugar de saída: fachada principal do R.C.N.V. 15 minutos antes da hora de saída do barco.

Horario: martes e xoves de 12:00h a 13:30h e mércores de 10:00h a 11:30h.

Xullo: 13, 14, 15, 20, 21, 22, 27, 28 e 29.
Agosto: 2, 4, 5, 10, 11, 12, 17, 18, 19, 24, 25, 26 e 31.
Setembro: 1, 2, 3, 7, 8, 9, 14, 15, 16, 21, 22, 23, 28, 29 e 30.