Aos efectos de aplicación da Lei de Dereito Civil de Galicia, equipáranse ao matrimonio as relacións maritais mantidas con intención ou vocación de permanencia, co que se estenden, polo tanto, aos membros da parella os dereitos e as obrigas que esta lei lles recoñece aos cónxuxes.
Terán a condición de parellas de feito as unións de dúas persoas maiores de idade, capaces, que convivan coa intención ou vocación de permanencia nunha relación de afectividade análoga á conxugal e que a inscriban no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia.
a) Ser maiores de idade.
b) Non ter relación de parentesco en liña recta por consanguinidade ou adopción nin colateral por consanguinidade ou adopción ata o terceiro grao.
c) Manifestar a vontade de constitución de parella de feito.
d) Non estar ligados por matrimonio.
e) Non formar parella de feito debidamente formalizada con outra persoa.
f) Non estar incapacitados xudicialmente para rexer a súa persoa.
g) Ter un dos membros da parella a veciñanza civil galega.
h) Acreditar o empadroamento dos membros da parella no mesmo domicilio dalgún municipio da Comunidade Autónoma de Galicia.
+Info: SEDE ELECTRÓNICA