Actividade gratuíta destinada a público familiar a partires de 4 anos de idade na que a bordo do buque oceanográfico Nautilus, deseñado especificamente para a investigación, a divulgación científica e ambiental o/as participantes poderán vivir unha experiencia educativa e entretida nun percorrido fascinante pola ría de Vigo de 1:30h de duración.
*Obrigatorio o uso de mascarilla.
*Esta actividade é exclusivamente para persoas empadroadas no Concello de Vigo. Comprobarase que as persoas participantes figuran empadroadas e darase de baixa automáticamente ás non empadroadas.
- Iniciarase o percorrido diante do monumento a Julio Verne onde explicaremos a relación do escritor francés coa Ría de Vigo e a súa novela 20.000 leguas de viaxe submarina.
- Tempo libre para gozar da navegación mentres cruzamos a ría ata o seguinte punto do percorrido.
- Ao seu paso polo polígono de bateas, descubrirán detalles sobre a riqueza da auga, a dinámica do plancto e o cultivo do mexillón, que poderán ver en directo grazas a unha inmersión do drone submarino, así como a fauna que habita no fondo deste ecosistema único.
- Tempo libre navegando entre as famosas bateas galegas.
- Do patrimonio subacuático ocúpase esta expedición nas inmediacións de punta Arroás, onde grazas ao sonda multihaz do barco localizaremos en directo pecios afundidos para que poidan sentirse arqueólogos/as por un día, e valéndonos unha vez máis do robot submarino contemplar e interpretar estes restos que descansan no fondo do mar.
- Aproveitando o nexo que ofrece a experiencia en arqueoloxía submarina, coñecerán a batalla de Rande de 1702 e os tesouros subacuáticos que fomentaron varias expedicinóns ao longo de tres séculos grazas ás explicación guiadas.
- Tempo libre mentres se regresa ao RCNV, fin do percorrido.
Punto de recepción e embarque:
O punto de encontró, embarque e desembarque realizarase no Real Club Náutico de Vigo, concretamente no monumento a Xulio Verne 30 minutos antes da hora sinalada para a viaxe.
Meteoroloxía:
No caso de que as condicións do estado da mar non permitan realizar unha saída concreta, avisarase
ás persoas participantes e proporase o cambio de data segundo dispoñibilidade. Comprometémonos
igualmente a informar da devandita cancelación coa maior antelación que a predición meteorolóxica
permita.
Inscricións:
1º Rexistro da persoa solicitante.
2º A persoa solicitante entra na Área Privada, rexistra ao resto de membros da unidade familiar e selecciona quendas.
As prazas outorgaránse por orde de inscrición dende o VENRES 15 DE XULLO ÁS 10:00 HORAS.
O luns hábil inmediatamente anterior á saída do barco deberán retirar na Oficina de Turismo da Rúa López de Neira 27 o billete para o barco en horario de 10:00 a 17:00 horas mostrando o correo recibido cando se deu de alta como solicitante.
No caso de non retirarlo ese día entenderase que a persoa renuncia ás prazas solicitadas e procederase a chamar ás reservas no caso de habelas.
Quendas:
NAUTILUS 1 – 22 de xullo ás 10:00 h.
NAUTILUS 2 – 22 de xullo ás 12:00 h.
NAUTILUS 3 – 23 de xullo ás 10:00 h.
NAUTILUS 4 – 28 de xullo ás 10:00 h.
NAUTILUS 5 – 29 de xullo ás 10:00 h.
NAUTILUS 6 – 29 de xullo ás 12:00 h.
NAUTILUS 7 – 30 de xullo ás 10:00 h.
NAUTILUS 8 – 4 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 9 – 5 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 10 – 5 de agosto ás 12:00 h.
NAUTILUS 11 – 6 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 12 – 11 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 13 – 12 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 14 – 12 de agosto ás 12:00 h.
NAUTILUS 15 – 13 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 16 – 18 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 17 – 19 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 18 – 19 de agosto ás 12:00 h.
NAUTILUS 19 – 20 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 20 – 25 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 21 – 26 de agosto ás 10:00 h.
NAUTILUS 22 – 26 de agosto ás 12:00 h.
NAUTILUS 23 – 27 de agosto ás 10:00 h.