Garantía Xuvenil mellora o apoio á inscrición. Para iso, impulsa o servizo de axuda no proceso de inscrición no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil.
Garantía Xuvenil é unha iniciativa europea que pretende facilitar o acceso das persoas mozas maiores de 16 e menores de 30 anos ao mercado de traballo.
Acceder a este novo servizo é moi sinxelo. Tes dúas opcións:
Chama ao 060 e pide “Apoyo para inscribirte en Garantía Juvenil”: directamente pasaranche con persoal técnico que che acompañará durante todo o proceso.
Escribe un correo a info.garantíajuvenil@sepe.es e indica no asunto “Apoyo para inscribirse en Garantía Juvenil”: persoal especializado poñerase en contacto contigo canto antes, para axudarche durante todo o proceso de inscrición.
Vantaxes da Inscrición
Formar parte do Ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil permitirá que as entidades participantes en diversos Plans de Emprego Xuvenil poidan contar contigo nas súas diferentes convocatorias de educación, formación, prácticas, aprendizaxe, emprego e autoemprego. É unha oportunidade de mellorar o acceso ao mercado de traballo especialmente nos campos e sectores que maior demanda teñen na actualidade.