A Xunta de Galicia aproba a Lei para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galicia.
O obxecto desta lei reforzar o compromiso da Comunidade Autónoma de Galicia coa eliminación da discriminación das mulleres e coa promoción da igualdade entre mulleres e homes, atribuíndolle o máis alto grao de efectividade ao dereito constitucional á igualdade entre as mulleres e os homes no ámbito das competencias da Comunidade Autónoma
O título I desenvólvense os conceptos básicos do dereito á igualdade de mulleres e homes.
O título II, sobre a integración transversal do principio de igualdade nas actuacións da Administración.
O título III aborda a temática da igualdade de mulleres e homes no emprego e nas relacións laborais.
O título IV, sobre a promoción da igualdade de mulleres e homes no eido local, establece de forma xeral a colaboración coas corporacións locais para promover a igualdade de mulleres e homes na vida local.
O título V recolle nun único artigo os dereitos das mulleres no desenvolvemento rural e do sector marítimo-pesqueiro.
No título VI regúlanse aspectos específicos e concretos das condicións de emprego en igualdade na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.
O título VII regula a organización da igualdade, onde destacan os órganos colexiados de participación institucional, como son o Consello Galego das Mulleres, a Unidade Muller e Ciencia de Galicia, o Observatorio da Imaxe da Muller e o Observatorio das Mulleres Rurais e do Mar, que consta de dúas seccións, unha da muller rural e outra da muller do mar.