2024 Verán Xove

O Concello de Vigo, a través do seu programa Verán Xove 2024, pon en marcha os campamentos urbanos e actividades estivais, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade.

Ademais, preténdese favorecer o emprego e a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes da cidade de Vigo.

A programación Verán Xove 2024 está composta por actividades de campamentos urbanos (para nenos e nenas nados/as entre o ano 2020 e 2007).

Por todo elo, e segundo o programa elaborado, para os meses de xuño, xullo, agosto está previsto que a Concellería de Xuventude oferte un total de 3975 prazas en campamentos urbanos.

DESCARGAR: PROCEDEMENTO DE INSCRICIÓN

DESCARGAR: PROGRAMA DE ACTIVIDADES

EXPEDIENTE: EMPRESAS ADXUDICATARIAS

TODA A INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS EN: https://campamentos.xuventudevigo.org