A Concellería de Xuventude de Vigo ten como obxectivo a planificación, xestión, desenvolvemento e coordinación da programación municipal destinada á poboación entre 13 e 30 anos, extendendo en certas actividades a actuación ata 35 anos.
A Concellería de Xuventude de Vigo ten como obxectivo a planificación, xestión, desenvolvemento e coordinación da programación municipal destinada á poboación entre 13 e 30 anos.
As infraestruturas municipais xestionadas pola Concellería de Xuventude son:
Casa da Xuventude (López Mora 31) (historia do edificio da Casa da Xuventude ‘Vila Pilar’) , que acolle os servizos administrativos da Concellería e o Espazo de lecer infantil ubiado na mesma.
Vigosónico(Estrada do Portal s/n, Polígono Tecnolóxico de Valadares)
Espazo de lecer de Coia (Pavillón deportivo. Avda Castelao s/n)
Os programas que oferta a Concellería á poboación infantil resúmese en:
- Espazos de lecer infantil da Casa da Xuventude e de Coia, posibilitando o desenvolvemento dos máis cativos e cativas a través do tempo libre educativo ao longo do curso académico e facilitando, asemade, a conciliación familiar. As programacións lévanse a cabo nos espazos de lecer infantil da Casa da Xuventude e de Coia, así como nos espazos conveniados con diversas entidades non lucrativas (Asociación de Veciños de Lavadores, APAMP e CRAC de Coruxo).
- Verán Xove, que aglutina toda a oferta de campamentos e actividades de verán do Concello de Vigo.