A cultura move Europa

A Cultura Move Europa é unha acción permanente dentro do actual Programa Europa Creativa. Este esquema de axudas para impulsar a mobilidade internacional está implementado polo Instituto Goethe

A terceira convocatoria para a mobilidade individual pode ser solicitada por artistas e profesionais da cultura establecidos nalgún dos países participantes no Programa e dos seguintes sectores:

Música
Literatura
Arquitectura
Patrimonio cultural
Deseño e deseño de moda
Artes visuais
Artes escénicas

Os proxectos terán que contar cun socio (international partner) baseado nalgún dos países participantes do Programa, e abordar dous dos seguintes obxectivos:

– Explorar: levar a cabo unha investigación artística ou creativa para inspirar ou traballar nun tema específico ou novo concepto.
– Crear: involucrarse nun proceso creativo en busca da produción dunha nova peza artística ou traballo cultural.
– Aprender: mellorar as competencias e capacidades dos/as participantes a través da educación non formal ou a colaboración cun/ha especialista.
– Conectar: desenvolver unha rede profesional, reforzar o desenvolvemento profesional dos/as participantes, chegar a novos públicos.
O socio pode ser, por exemplo, un/ha artista, unha organización ou un espazo no país de destino. Os/as solicitantes deben de achegar unha proba da devandita colaboración no proceso de solicitude.

Quen pode solicitar estas axudas?
Artistas e profesionais da cultura tanto a nivel individual como en pequenos grupos (ata un máximo de 5 persoas).

Duración
Entre 7 e 40 días para solicitudes individuais
Entre 7 e 14 días para solicitudes de grupo

axuda á mobilidade cobre o transporte, dieta diaria e contías máximas por determinados conceptos (viaxe sostible, familia, discapacidade, visa).

Dieta diaria
75 € por día para sufragar gastos de aloxamento, comida, alugueiro de equipo, transporte local etc.

Transporte
Distancia de menos de 5.000 km.: 350 € por persoa e viaxe de ida e volta.
Distancia de máis de 5.000 km.: 700 € por persoa e viaxe de ida e volta.

Esta terceira convocatoria estará aberta ata o próximo 30 de novembro
https://europacreativa.es/cultura/convocatorias/culture-moves-europe-2024-ayudas-a-la-movilidad-individual-3a-convocatoria/