Aberto o prazo de inscrición para participar na programación da Casa das Mulleres (xaneiro a xuño 2025)

Aberto o prazo de inscrición para participar nas seguintes actividades, de carácter gratuíto, que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no primeiro semestre do ano.

– OBRADOIRO DE CANTO PARA MULLERES “CON VOZ PROPIA”. 42 horas desde xaneiro a xuño

– OBRADOIRO “TEATRO COMUNITARIO”. 34 horas desde xaneiro a maio

– CURSO “INICIÁNDONOS NO FEMINISMO”. 15 horas desde abril a maio

– OBRADOIRO DE AUTOESTIMA FEMININA: TI, O VALES. 26 horas desde febreiro ata maio

– OBRADOIRO DE AUTOCUIDADO. 8 horas desde abril a maio

– FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA MONITORADO DE ANIMACIÓN SOCIOCULTURAL E DO OCIO E TEMPO DE LECER. 25 horas de marzo a abril

– OBRADOIRO “SÁCALLE PARTIDO AO TEU MÓBIL”. 15 horas de febreiro a xuño


Proceso de inscrición:

Prazo de inscrición: aberto o prazo de inscrición ata cubrir prazas.
Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (adxunta, en formato editable). O curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo libre ten unha ficha específica (adxunta en formato editable).
Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org
No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.
Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.
Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.


Consulte o programa para obter Información completa sobre os contidos, os obxectivos, as datas e o horario de cada unha das actividades formativas.

Arquivos para descargar:

Cartel coa programación das actividades

Ficha de inscrición xeral (formato editable)

Ficha de inscrición específica para o Curso de formación en igualdade para monitorado de animación sociocultural e do ocio e tempo libre (formato editable).

ARQUIVOS ADXUNTOS:
programacion_Casa_das_Mulleres_1_semestre.pdf  721 KB
ficha_inscricion_xeral_editable.pdf  365 KB
Ficha_Inscricion__igualdade_para_monitorado_(editable).pdf  342 KB