O Concello de Vigo, a través do seu programa de Actividades de conciliación familiar no Nadal , pon en marcha os campamentos urbanos e actividades infantís e xuvenís de Nadal, co obxecto de ofertar un tempo de lecer educativo dentro da propia cidade. Ademais, preténdese a participación xuvenil, así como facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes.
A temática do Nadal estará presente nos campamentos a través de xogos e obradoiros nos que ademáis traballaranse valores como a igualdade, a educación medioambiental e o respecto as tradicións culturais propias desta época.
Horario: 7:45 a 15:15 h. de luns a venres. Aula matinal de 8:00 a 9:00h. Servizo friameira (levar comida da casa) de 14:00 a 15:00h.
Ano nacemento: para nenos e nenas nados/as entre os anos 2010 e 2018.
Inscricións: en https://campamentos.xuventudevigo.org/index.php dende o xoves 15 de decembro ás 9:00 horas e ata cubrir prazas (*PRAZAS CUBERTAS).
Prezo: GRATUÍTO.
CAMPAMENTOS, LUGAR DATAS DE CELEBRACIÓN
- COIA – Espazo de Lecer do Pavillón de Coia.
Contacto monitores/as (só durante a actividade): Lorena 986 242 737. - TRAVESAS – Pavillón Central das Travesas.
Contacto monitores/as (só durante a actividade): pendente de publicar. - XUVENTUDE – Espazo de Lecer da Casa da Xuventude.
Contacto monitores/as (só durante a actividade): Ángela 986 294 806.
Días: de luns a venres do 23 de decembro ao 5 de xaneiro.