Actividades na Casa das Mulleres de setembro a decembro

Aberto o prazo de inscrición para as seguintes actividades de carácter gratuíto que se desenvolverán na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) no período comprendido entre o mes de setembro ao mes de decembro de 2024.

. OBRADOIRO DE CANTO “CON VOZ PROPIA”

. OBRADOIRO DE AUTOESTIMA: TI O VALES

. OBRADOIRO “SÁCALLE PARTIDO AO TEU MÓBIL”

. FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS DO EIDO EDUCATIVO E SOCIAL

OBRADOIRO DE CANTO  “CON VOZ PROPIA”

  • Destinado a: mulleres maiores de 18 anos ás que lles guste cantar. Non se precisa cantar “ben”.
  • Formadora: Cristal Méndez Queizán.
  • Obxectivos:
    • Fomentar o apoderamento e a propia estima.
    • Explorar e liberar os recursos expresivos da voz e do corpo.
    • Incrementar a conciencia e os coñecementos sobre o funcionamento da voz, a respiración e as sensacións, para mellorar a voz e, tamén, a saúde e o benestar.
    • Recoñecer e valorar as posibilidades expresivas de cada voz..
    • Recoñecer recursos persoais empregando o canto e o movemento como medio.
    • Construír novas maneiras de relacionarnos coas demais e con nós mesmas, empregando o canto e o movemento como medio.
    • Aprender a autorregulación do sistema nervioso.
    • Descubrir o potencial das sensacións e as experiencias somáticas.
    • Promover os valores de inclusión, integración e respecto da diversidade.
  • Descrición: empregando o canto e o movemento exploraremos a capacidade expresiva e emocional das nosas voces e corpos, para recoñecernos e apoderarnos ao tempo que aprendemos a autorregulación. Neste obradoiro o canto e o movemento son un medio, non un obxectivo, polo que non é preciso “cantar ben” e basta coa intención de gozar xuntas a través do canto e o movemento.
  • Contidos:
    • Respiración e control diafragmático.
    • Exercicios vogais.
    • Conciencia do corpo e as súas sensacións.
    • Habilidades expresivas: exploración corporal do son a través do movemento e a danza, improvisación e composición, canto e improvisación coral, canto e improvisación individual e escoita consciente e activa das nosas voces.
  • Metodoloxía: utilizaranse moitos recursos da Músico-Terapia e da Danza-Terapia adaptados ás necesidades individuais de todas as participantes. Tamén se usarán recursos da técnica “Experiencia Somática” e da “Teoría Polivagal” para regular o sistema nervioso. O noso método é participativo e inclusivo, favorecendo o benestar e a integración no grupo así como a creación dun “espazo seguro e respectuoso” para que todas poidan expresarse e experimentar en liberdade.
  • Temporalización:
    • Duración: 12 sesións. 36 horas.
    • Datas: os luns, do 30 de setembro ata o 16 de decembro.
    • Horario: de 18:00 a 21:00.
  • Inscrición e participación na actividade:
    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición).
    • Grupos con capacidade limitada

OBRADOIRO DE AUTOESTIMA: TI O VALES.

  • Destinado a: mulleres maiores de 18 anos.
  • Formadoras: Beatriz Monroy Cardoso, psicóloga.
  • Obxectivos:
    • Coñecer como se constrúe e evoluciona a nosa identidade dende unha perspectiva psicolóxica e sexual.
    • Reflexionar sobre como a influencia das crenzas e modelos a seguir inflúen na nosa imaxe e estima persoal.
    • Identificar e potenciar as nosas fortalezas e recursos internos para mellorar a nosa autoestima.
  • Contidos:
    • Desenvolvemento da identidade: exploraremos como evoluciona a nosa identidade ao longo do tempo e como se forma.
    • Creenzas e estereotipos: reflexionaremos sobre como os mandatos, crenzas e estereotipos nos afectan, así como os roles e identificacións que asumimos.
    • Factores internos: identificaremos factores como as autoesixencias, idealizacións, medos e culpas que condicionan a nosa autoestima.
    • Niveis de conciencia: profundizaremos nos niveis de conciencia mental, emocional, física e social, e como as contradicións nestes niveis nos afectan.
    • Integración da identidade: traballaremos na integración saudable da nosa identidade, para saber valorarse de maneira adecuada e realista.
  • Temporalización:
    • Duración: 8 sesións. 16 horas.
    • Datas: os xoves, do 10 de outubro ata o 28 de novembro.
    • Horario: xoves de 18:00 a 20:00.
  • Inscrición e participación na actividade:
    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición. Ficha de inscrición específica)
    • Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.

OBRADOIRO “SÁCALLE PARTIDO AO TEU MÓBIL”

  • Destinado a: mulleres maiores de 18 anos con coñecementos básicos no manexo do móbil.
  • Formadora: Uxía Cazorla Silva.
  • Obxectivo: proporcionar as habilidades necesarias para o manexo do smartphone (Android).
  • Contidos:
  • Actualización do dispositivo e aplicacións.
  • WhatsApp.
  • Aplicacións: SERGAS, Concello de Vigo, códigos QR,…
  • Aplicacións de Google: correo electrónico, notas, calendario,…
  • Facer e xestionar fotos. Almacenamento.
  • Temporalización:
    • Duración: 10 sesións. 15 horas.
    • Datas: os venres, do 4 de outubro ata o 20 de decembro.
    • Horario: de 18:30 a 20:00.
  • Inscrición e participación na actividade:
    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición)
    • Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada

FORMACIÓN EN IGUALDADE PARA PROFESIONAIS DO EIDO EDUCATIVO E SOCIAL.

  • Destinado a: mulleres e homes maiores de idade con perfil profesional nos eidos social e de educación (formal e non formal).
  • Formadora: Cristina Rodríguez Ramos, experta en xénero e igualdade de oportunidades.
  • Obxectivo: facilitar a incorporación da perspectiva de xénero no traballo cotián dentro dos eidos educativo e social.
  • Contidos:
    • Introdución á perspectiva de xénero. Consecuencias da socialización diferenciada.
    • A transversalidade aplicada ao ámbito social e da educación: a coeducación.
    • Elementos clave para a planificación: a comunicación (linguaxe e imaxes), materiais didácticos, habilidades sociais.
    • Prevención, detección e orientación no ámbito da violencia machista. Como intervir ante un posible caso.
  • Metodoloxía e modalidade:
  • En liña, a parte teórica(20 horas) soportada sobre Google Classroom e Google Meet. Estas sesións consistirán na exposicións dos contidos, para o que se empregarán documentos, vídeos e outros formatos.
  • Presencial, as sesións prácticasque supoñen unha carga lectiva de 5 horas; levaranse a cabo na Casa das Mulleres (r/ Romil, 20) os días 15 e 31 de outubro.
      • Calendario: os martes e os xoves do 1 ao 31 de outubro de 18:00 a 20:30.
  • Acreditación: entregarase un diploma acreditativo do aproveitamento do curso. Para poder obtelo, deberase asistir e ter un aproveitamento do curso de cando menos o 80 %.
  • Inscrición e participación na actividade:
    • Inscrición previa (ver proceso de inscrición. Ficha de inscrición específica).
    • Participación na actividade: condicionada a ter praza confirmada.

Proceso de inscrición:

  • Prazo de inscrición: dende a publicación da presente convocatoria e ata cubrir prazas.
  • Ficha de inscrición: deberase cubrir os datos solicitados na ficha de inscrición (DESCARGAR, formato editable). O curso de formación en igualdade para profesionais do eido educativo e social ten unha ficha específica (DESCARGAR, formato editable).
  • Presentación da Ficha de inscrición: enviarase por vía telemática unha ficha asinada por cada unha das actividades solicitadas a casadasmulleres@vigo.org ou ofi.muller@vigo.org

No caso que non sexa posible a vía telemática, farase a entrega presencial da ficha de inscrición asinada na Casa das Mulleres, de luns a venres, 17:30-21:30.

Criterios de admisión nas actividades: Terán preferencia as persoas empadroadas no Concello de Vigo (farase a correspondente comprobación) e que non fixeran ese mesmo obradoiro en pasadas edicións (agás as alumnas do obradoiro de canto para mulleres “Con voz propia”). Logo seguirase o criterio de orde de entrada da solicitude.

Sempre será necesaria a inscrición previa, tendo en conta que se traballará con capacidade limitada.

  • Confirmación da praza: unha vez admitida comunicarase por enderezo electrónico ou por teléfono.


Arquivos a descargar: 

  • Cartel coa programación das actividades (DESCARGAR PDF)
  • Ficha de inscrición xeral (DESCARGAR, formato editable)
  • Ficha de inscrición específica para o Curso de formación en igualdade para profesionais do eido educativo e social (DESCARGAR, formato editable).