As/os interesadas/os deberán cubrir o Formulario de Solicitude de Praza, dispoñible na
páxina web www.escolasvigo.org/reim.
Presentación das solicitudes :
a) Solicitude telemática – Sede electrónica (vía preferente)
Unha vez cuberto e asinado o Formulario de Solicitude de Praza na web
www.escolasvigo.org/reim, seguindo as instrucións que se indican, accédese ao
procedemento “Solicitude de praza nas escolas infantís municipais”, na sede
electrónica do Concello de Vigo (www.vigo.org/solicitude-eim), onde haberá que incorporar o arquivo resultante do proceso anterior (Formulario de Solicitude de Praza)
e pulsar tramitar, sendo necesario asinalo por calquera dos medios de sinatura
admitidos na Sede Electrónica, que se poden consultar no enlace
https://sede.vigo.org/expedientes/sede_textos/texto.jsp?idt=sede_firma. Unha vez
realizado este proceso poderase descargar o xustificante do Rexistro.
b) Solicitude presencial – Rexistro Xeral. Unha vez cuberto e asinado o Formulario de
Solicitude de Praza seguindo as instrucións que se indican na web
www.escolasvigo.org/reim, deberase imprimir o documento resultante e, xunto coa
documentación requerida (no caso de non tela anexado na aplicación), presentalo no
Rexistro Xeral do Concello de Vigo (previa solicitude de cita), ou en calquera dos
lugares establecidos no art. 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do procedemento
administrativo común das administracións públicas.
2025-03-24