A Xunta de Galicia convoca axudas para a adquisición de vivenda na Comunidad Autónoma de Galicia.
– Modalidade A: Adquisición de vivendas localizadas nun municipio pertencente ao territorio de Galicia cunha poboación residente igual ou inferior a 10.000 habitantes.
– Modalidade B: Adquisición de vivendas situadas no ámbito dun centro histórico.
– Modalidade C: Adquisición de vivendas cualificadas definitivamente como vivenda protexida de protección autonómica de réxime xeral ou especial.
Requisito xeral: ter subscrito con posterioridade ao 31 de outubro de 2024 un contrato privado ou, no seu caso, unha escritura pública de adquisición dunha vivenda.
Requisitos na modalidade A, ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda ou no momento da subscrición do contrato privado ou da formalización da escritura pública de compravenda e o prezo da vivenda, incluídos os seus anexos, sen os gastos e tributos inherentes a ela, deberá ser igual ou inferior a 120.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 15 de outubro de 2025
As solicitudes teramitaranse na sede electrónica da Xunta co procedementeo VI501A
Máis información no DOG do 14 de xaneiro de 2025 e en https://igvs.xunta.gal/areas/axudas/acceso-a-vivenda/adquision