A Xunta de Galicia convoca subvencións ás persoas traballadoras autónomas a través dos seguintes programas:
a) Programa I: Promoción do Emprego Autónomo das persoas traballadoras autónomas (TR341D), destinado a apoiar as persoas desempregadas que inicien a súa actividade empresarial como persoas traballadoras autónomas.
b) Programa II: Nova Oportunidade das persoas traballadoras autónomas (TR790A), destinado a facilitar a volta á actividade económica da persoa traballadora autónoma que non tivo éxito no seu anterior intento.
c) Programa III: Bono das persoas traballadoras autónomas (TR341Q), destinado a apoiar a consolidación de proxectos que superaron os 42 meses de vida, co obxecto de mellorar a súa competitividade.
d) Programa IV: Bono Remuda das persoas traballadoras autónomas (TR353D), destinado a evitar o peche de negocios por falta de relevo xeracional.
e) Programa V: Axudas á conciliación das persoas traballadoras autónomas (TR341R).
As solicitudes de subvención deberán presentarse por separado para cada un dos programas co seu modelo de solicitude.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto entre o día 24 de xaneiro e o 30 de setembro de 2025.
Máis información no DOG do 17 de xaneiro de 2025 e en https://emprego.xunta.gal/portal/gl/empresas.html