Axudas complementarias a Erasmus+

A Xunta de Galicia convoca axudas de mobilidade complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do programa comunitario Erasmus+, para o alumnado das universidades de Galicia que participa en Erasmus Estudos no curso 2024/25.

As axudas terán a seguinte contía, en función dos grupos de países determinados no programa Erasmus+:
a) De 195 euros/mes para un país de destino do grupo 1: Alemaña, Austria, Bélxica, Dinamarca, Finlandia, Francia, Irlanda, Islandia, Italia, Liechtenstein, Luxemburgo, Noruega, Países Baixos, Suecia.
b) De 165 euros/mes para un país de destino do grupo 2: Chequia, Chipre, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Grecia, Letonia, Malta, Portugal.
c) De 125 euros/mes para un país de destino do grupo 3: Bulgaria, Croacia, Lituania, Hungría, Polonia, Romanía, Serbia, Macedonia, Turquía

A presentación das solicitudes realizaranse a través do formulario normalizado ED417A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de febreiro de 2025.
Máis información no DOG do 2 de xaneiro de 2025 e en orientacion.sug@edu.xunta.es