Axudas Municipais á Contratación – Concello de Vigo

As presentes bases reguladoras e a convocatoria do programa de ”Axudas Municipais á Contratación” no marco da actuación municipal para o ano 2025, se integran na liña 2.6. Atención aos colectivos e as súas necesidades sociais: emprendedores/as do Plan Estratéxico de Subvencións (PES) aprobado pola Xunta de Goberno Local na súa sesión ordinaria do 08.03.2024; ao seu efecto, ten por obxecto servir de estímulo ao empresariado para a contratación, favorecer a mellora das condicións e o emprego estable e de calidade das persoas traballadoras empadroadas no municipio de Vigo, outorgando especial atención ás empresas e ás persoas traballadoras máis vulnerables no mercado laboral, a través dos seguintes programas de axudas:

a) Programa Indefinidos: incentivos para a transformación de contratos temporais en indefinidos

b) Programa Contratacións: incentivos para a contratación indefinida de persoas traballadoras desempregadas

c) Programa Mellora: incentivos para a mellora da estabilidade laboral

+Info: BOLETÍN OFICIAL DE PONTEVEDRA