Axudas para actividades no capítulo de Mocidade do Programa Erasmus+

O Instituto da Mocidade, INJUVE, convoca axudas para a realización de actividades financiadas pola Comisión Europea no capítulo de Mocidade do Programa «Erasmus+» durante 2024:

Acción crave 1.- Actividades de participación xuvenil (KA154).
Acción crave 1.- Acción de Inclusión de DiscoverEU (KA155).
Acción crave 2.- Asociacións de Cooperación (KA220).
Acción crave 2.- Asociacións de Cooperación a pequena escala (KA210)

Requisitos e forma de presentación das solicitudes.
As persoas solicitantes deberán rexistrarse previamente.
As persoas solicitantes deben presentar a súa solicitude electrónica utilizando unicamente os formularios específicos para cada acción e dispoñible no sitio web da Axencia Nacional (http://www.injuve.es/erasmusplus//).

Prazo de presentación de solicitudes.  Todos os prazos de presentación das solicitudes especificados expiran ás 12.00 h (mediodía), hora de Bruxelas.

Para a Acción crave 1.- Movilidad no ámbito da Mocidade. Intercambios Xuvenís

Para proxectos de mobilidade para mozos e mozas (Intercambios Xuvenís), proxectos de mobilidade para traballadores no ámbito da Mocidade, e Actividades de participación xuvenil:
– Ata o 1 de outubro ás 12.00.00 (mediodía, hora de Bruxelas) para proxectos que empecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de maio de 2025.

Para proxectos para a acción de inclusión de DiscoverEU
– Ata o 1 de outubro ás 12.00.00 (mediodía, hora de Bruxelas) para proxectos que empecen entre o 1 de marzo e o 31 de agosto de 2025.

Para a Acción crave 2.- Asociacións para a cooperación e asociacións a pequena escala

– Ata o 1 de outubro ás 12.00.00 horas (mediodía, hora de Bruxelas) para proxectos que empecen entre o 1 de xaneiro e o 31 de agosto de 2025.

Obxecto, prioridades, condicións e finalidade da concesión.

– Promover a cidadanía activa entre a mocidade.
– Potenciar a solidariedade e promover a tolerancia.
– Favorecer o entendemento mutuo entre a mocidade.
– Contribuír a mellorar a calidade dos sistemas de apoio ás actividades de mozas e reforzar a capacidade das organizacións da sociedade civil no ámbito da mocidade.
– Favorecer a cooperación europea no ámbito da mocidade.

Así mesmo, o programa de traballo para 2024 da Axencia Nacional establece as seguintes prioridades nacionais, que serán tidas en conta na selección e valoración dos proxectos:

“Saúde mental e benestar” na poboación xuvenil e “Avanzar coa mocidade rural” para crear mellores oportunidades para os mozos nas zonas rurais.

Máis información no BOE do 3 de xullo de 2024 e en http://www.injuve.es/erasmusplus