A Xunta de Galicia convoca bolsas e axudas para as persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas do Sistema de formación profesional dos graos A, B ou C, ou de especialidades formativas do Catálogo de especialidades formativas do Servizo Público de Emprego Estatal
As accións formativas con dereito a bolsa son as que se inicien no período comprendido entre o o 1 de decembro de 2024 e o 31 de outubro de 2025 (ambos inclusive).
Prazo: A persoa traballadora desempregada deberá presentar a súa solicitude no prazo dun mes desde a súa incorporación á acción formativa.
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento TR301V
Máis información no DOG do 28 de novembro de 2024 e en https://empregoeigualdade.xunta.gal/formacion/formacion-emprego/bolsas