Bolsas para a formación en cooperación internacional para o desenvolvemento

A Xunta de Galicia convoca 6 bolsas para a formación de  persoas expertas en cooperación internacional para o desenvolvemento.

Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou, fóra desta, nas oficinas da cooperación española (OCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

Requisitos:
Ter veciñanza administrativa en Galicia.
Estar en posesión dun título de grao, licenciatura, diplomatura, arquitectura, enxeñaría ou equivalente. 
Ter rematado os estudos no ano 2016 ou posterior.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 28 de abril de 2025
As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR809A
Máis información no DOG do 28 de marzo de 2025 e en https://cooperacion.xunta.gal/es