A Fundación Ramón Areces convoca varias Bolsas para a ampliación de estudos de posgrao en universidades e centros de investigación no estranxeiro, durante o curso 2025/2026,
Prazo de inscripción: do 27 de xaneiro ata o 3 de marzo de 2025.
Destinatarios.
Estudantes que, ao longo do curso académico 2024/2025, atópense cursando o último ano dalgunha das titulacións mencionadas en cada convocatoria nunha universidade española ou dun país do Espazo Europeo de Educación Superior.
II Convocatoria para Ampliación de Estudos no Estranxeiro en Humanidades.
No caso de programas de máster, a duración desta axuda será dun curso académico, susceptible de prórroga por un curso máis. No caso de programas de doutoramento, a duración será de doce meses, comezando o 1 de setembro, coa posibilidade de ata tres prórrogas adicionais.
Requisitos:
– Acreditar admisión no programa de estudos proposto ou no centro onde levará a cabo a investigación para a que se solicita a bolsa. É posible solicitar a bolsa para continuar programas de estudos de posgrao xa iniciados.
– Coñecemento excelente do idioma no que se desenvolvan os estudos ou investigación.
– Non ser beneficiarios de ningunha bolsa ou axuda económica para a realización de estudos, crédito ou calquera outra asignación de similar natureza, mantendo este requisito durante o goce da Bolsa.
Dotación:
– 2.100 euros mensuais netos.
– Gastos de inscrición e matrícula na universidade ou centro estranxeiro de que se trate.
– Gastos dunha viaxe anual de ida e volta, en clase turista, entre o lugar de residencia habitual do adxudicatario e o centro de estudos no estranxeiro.
XXXVII Convocatoria para Ampliación de Estudos no Extranxeiro en Ciencias da Vida e da Materia.
A convocatoria está orientada cara aos campos de Biomedicina, Química, Fisica e Matemáticas, e Preservación da Biosfera. O goce da Bolsa terá lugar entre o 1 de outubro de 2025 e o 30 de setembro de 2026.
Requisitos:
– Nacionalidade española.
– Estaren posesión do título de doutor por unha universidade española ou estranxeira, no momento da presentación da solicitude. Darase preferencia aos candidatos que obtivesen o grao de doutor entre 2021 e 2025.
– Dispoñer dun documento de aceptación/proposta de recepción/incorporación dunha universidade ou centro de investigación estranxeiro para o curso 2025-2026.
– Coñecemento excelente do inglés ou do idioma do país de destino.
– Non ser beneficiarios de ningunha bolsa ou axuda económica para a realización de estudos, crédito, ou calquera outra asignación de similar natureza (mantendo este requisito durante o goce da Bolsa).
Dotación:
– Dotación económica: 2.800 euros mensuais netos.
– Gastos da viaxe en avión de ida e volta en clase turista, ou do equivalente por outro medio, desde o lugar de residencia habitual do titular da Bolsa ata o centro de estudos no estranxeiro.
XXXIX Convocatoria para Ampliación de Estudos no Extranxeiro en Ciencias Social.
Requisitos:
– Acreditar admisión no programa de estudos proposto ou no centro onde levará a cabo a investigación para a que se solicita a bolsa. É posible solicitar a bolsa para continuar programas de estudos de posgrao xa iniciados.
– Coñecemento excelente do idioma no que se desenvolvan os estudos ou investigación.
– Non ser beneficiarios de ningunha bolsa ou axuda económica para a realización de estudos, crédito, ou calquera outra asignación de similar natureza, mantendo este requisito durante o goce da bolsa.
Dotación.
– Dotación económica: 2.100 euros mensuais netos.
– Gastos de inscrición e matrícula na universidade ou centro estranxeiro de que se trate.
– Gastos dunha viaxe anual de ida e volta, en clase turista, entre o lugar de residencia habitual do adxudicatario e o centro de estudos no estranxeiro.
Máis información: Fundación Ramón Areces