A Xunta de Galicia convoca o o programa Bono alugueiro mocidade para facilitar o desfrute dunha vivenda ou habitación en réxime de alugamento ou de cesión de uso á mocidade con escasos medios económicos.
Requisitos:
- Ter menos de 36 anos no momento de solicitar a axuda.
- Posuír a nacionalidade española ou a dalgún dos Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo, Suíza, ou o parentesco determinado pola normativa que sexa de aplicación. No caso das persoas estranxeiras non comunitarias deberán acharse en situación de estadía ou residencia regular en España.
- Ser titular ou estar en condicións de subscribir en Galicia, en calidade de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda ou, en calidade de persoa cesionaria, dun contrato de cesión de uso.
- Dispoñer de, polo menos, unha fonte regular de ingresos.
- Dispoñer dunhas rendas anuais, incluídas as das persoas que teñan o seu domicilio habitual e permanente na vivenda arrendada ou cedida ou que se vai arrendar ou ceder, consten ou non como titulares dun contrato de arrendamento ou cesión, iguais ou inferiores a 3 veces o indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM).
A renda mensual da vivenda ou o prezo de cesión da vivenda obxecto do contrato de alugamento ou de cesión non poderá superar os seguintes importes:
BCADRO
Contía, duración e retroactividade das axudas:
- Concederase unha axuda de 250 euros mensuais, co límite da renda mensual, do prezo da cesión ou, de convivir con outras persoas, do importe que lle corresponda satisfacer á persoa beneficiaria.
- A axuda concederase ás persoas beneficiarias polo prazo de dous anos.
- Poderán recoñecerse desde o 1 de xaneiro de 2025, aínda que a data de recoñecemento fose posterior, sempre que o correspondente contrato de alugamento ou cesión de uso estivese vixente nesa data.
O prazo de presentación de solicitudes será do 28 de febreiro ao 28 de marzo de 2025
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal co formulario VI482E
Máis información no DOG do 20 de febreiro de 2025 e en https://igvs.xunta.gal/bono-aluguer-mocidade