Camiño a camiño outono 2024

Programa de Educación Medioambiental “Camiño a Camiño” de Outono 2024 foi presentado polo Alcalde, Abel Caballero, e pola Concelleira de Medio Ambiente, Nuria Rodríguez, dando a coñecer os percorridos medioambientais previstos para esta tempada, así como as actividades de hortas urbanas e voluntariado medioambiental.

O acto coincidiu coa sinatura de convenio de colaboración con Vegalsa-Eroski, que nesta ocasión contou coa presenza do Director Xeral, José Manuel Ferrero, e do Presidente, Joaquín González. Trátase dunha colaboración que leva aberta dende hai 12 anos e na que se pon de manifesto a aposta polo ocio verde, o cal quedará de manifesto na colaboración económica e na difusión da campaña na rede de supermercados de Vigo.