Campamento Dixit@l

Campamento Dixit@l é unha iniciativa impulsada por Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Mocidade e Infancia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

O seu obxectivo é formar a nenos, nenas e adolescentes en competencias dixitais garantindo así a súa inclusión dixital.

Este proxecto, que combinará 30 horas de formación presencial e en liña, céntrase en:
-Garantir a inclusión dixital desde a infancia baseándose na adquisición de competencias dixitais.
-Formar en competencias dixitais básicas a nenos e nenas de entre 9 e 13 anos; e en competencias dixitais avanzadas a adolescentes de entre 14 e 17 anos.
-Dar prioridade a aqueles nenos, nenas e adolescentes que se atopen en situación de pobreza ou exclusión social ou outras situacións de vulnerabilidade recollidas no Plan de Acción Estatal para a Implementación da Garantía Infantil Europea.
-Cubrir horarios e períodos non lectivos para o desenvolvemento do programa. Intégrase en actividades extraescolares ou durante o período estival.

Máis información
https://campamentodigital.org/