A Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Xuventude e Reto Demográfico, ten entre os seus fins promover a participación da xuventude da nosa provincia en actividades do ámbito da educación non formal, da inserción sociolaboral, da formación en linguas estranxeiras, do deporte, da cultura, do lecer e do tempo libre, entre outras.
Esta convocatoria poderán participar nenas e nenos que cumpran os seguintes requisitos:
• Nacer entre os anos 2012 e 2017 (ambos os dous incluídos).
• Estar empadroadas ou empadroados nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra.
O prazo de presentación das solicitudes comezará o 3 de marzo e rematará o 21 de marzo de 2025.
Os campamentos terán lugar entre o 22 de xuño e o 6 de setembro de 2025. Realizaranse once quendas, de sete días de duración cada unha (de domingo a sábado), nas seguintes datas:
• Primeira quenda: do 22 ao 28 de xuño
• Segunda quenda: do 29 de xuño ao 5 de xullo
• Terceira quenda: do 6 ao 12 de xullo
• Cuarta quenda: do 13 ao 19 de xullo
• Quinta quenda: do 20 ao 26 de xullo
• Sexta quenda: do 27 de xullo ao 2 de agosto
• Sétima quenda: do 3 ao 9 de agosto
• Oitava quenda: do 10 ao 16 de agosto
• Novena quenda: do 17 ao 23 de agosto
• Décima quenda: do 24 ao 30 de agosto
• Décimo primeira quenda: do 31 de agosto ao 6 de setembro