Campamentos lúdicos de igualdade para facilitar a conciliación familiar no período de Nadal
Estes obradoiros teñen como finalidade promover valores de igualdade entre nenas e nenos, de resolución pacífica de conflitos desde as idades máis temperás dun xeito lúdico e participativo, así como ofrecer un servizo de conciliación da vida familiar, persoal e laboral para mulleres e homes no período non lectivo de Nadal.
Obxectivos:
- Fomentar a igualdade entre nenas e nenos e a resolución pacífica de conflitos nas actividades que realicen as e os menores.
- Ofrecer unha alternativa de ocio, durante o período de vacacións escolares de Nadal, para as nenas e nenos da cidade de Vigo con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.
- Facilitar a conciliación da vida familiar, persoal e laboral das mulleres e dos homes no período non lectivo de Nadal.
Período: entre o 21 e o 30 de decembro de 2024
Lugar de realización, datas e horarios:
Oficina Municipal de Distrito de Teis
Luns 23, xoves 26, venres 27, e luns 30 de decembro de 10:00 a 13:00 h
Sábados 21 e 28 de decembro de 10:00 a 12:30 h
Oficina Municipal de Distrito de Bouzas
Sábado 21, luns 23, xoves 26, venres 27, sábado 28 e luns 30 de decembro de 10:00 a 12:30 h
Centro de Documentación Feminista
Luns 23, xoves 26, venres 27 e luns 30 de decembro de 9:30 a 14:00 h
Sábados 21 e 28 de decembro de 10:30 a 13:30 h
SEN INSCRICIÓN PREVIA, GRATUÍTOS, PARA NENAS E NENOS DE 3 A 12 ANOS.
Prazas limitadas atendendo ao aforo de cada local.