Certame de Debuxo e Creación Literaria Avelino Díaz

Os concellos de Meira e Riotorto veñen de convocar a oitava edición do Certame de Debuxo e Creación Literaria, Avelino Díaz.

Poderán participar todos os autores e autoras que o desexen cunha única obra ou conxunto de tres poemas. 

Categorías:
A.- De 3 a 8 anos. Debuxo, exclusivamente.
B.- De 9 a 12 anos. Poesía, exclusivamente.
C.- De 13 a 17 anos. Poesía, exclusivamente.
D.- De 18 anos en adiante.
     D.1.- Poesía.
     D.2.- Relato curto. 

O prazo de entrega dos traballos estará aberto ata o día 17 de maio de 2025.

Establécense tres premios en cada categoría: para os máis pequenos os agasallos serán de diplomas, lotes de material escolar ou libros. A persoa gañadora na categoría de 9 a 12 anos recibirá un libro electrónico, o da seguinte categoría unha tableta e os adultos terán un premio económico de 500 euros para poesía e tamén para relato.

Máis información en http://www.poetaavelinodiaz.gal/