Certame de música xuvenil en galego!!

A Asociación cultural Gazafellos do Val convoca Nova Nicra, un certame de música xuvenil en galego.

Poderán participar bandas ou solistas de entre 12 e 18 anos, cumpridos na data de peche da inscrición. Aceptaranse bandas con integrantes menores de 12 anos, sempre que sexan menos da metade da formación.

Presentarán unha canción escrita en lingua galega, que terá que ser unha composición propia, ou a musicalización propia dun poema galego, inédita e non premiada anteriormente noutro certame.
Calquera canción que, a xuízo do xurado, inclúa elementos xenófobos ou discriminatorios será eliminada do certame.

Nunha primeira fase de selección, as persoas ou grupos participantes remitirán a ficha de inscrición debidamente cumprimentada e acompañada das autorizacións asinadas e copias do DNI de todas as persoas integrantes, así como unha maqueta da canción en mp3 ou en vídeo a gazafellosdoval@gmail.com , antes do día 3 de novembro.

O xurado elixirá, como máximo, 5 bandas ou solistas, que pasarán á fase final en directo.
Na fase final, que se celebrará en Negreira o día 30 de novembro, as bandas e solistas finalistas interpretarán a canción seleccionada ao vivo. Poderán utilizarse ritmos pregravados, se a canción así o require, mais a interpretación das voces principais terá que ser en directo. Tamén poderán utilizar loopers interpretados en directo.

O xurado elixirá un gañador ou gañadora, que recibirá os seguintes premios:
– A gravación nun estudio profesional do tema finalista (ou outro da súa elección, sempre que sexa en galego).
– A gravación dun videoclip da canción que sexa rexistrada no estudio. O videoclip gravarase en zonas emblemáticas de Negreira.

https://acgazafellosdoval.blogspot.com/2024/05/novanicra-2024.html?m=1