O Concello de Lugo convoca a XXVII edición do Certame de Narración Curta Ánxel Fole.
Poderá concorrer calquera autora ou autor, maior de idade, de calquera nacionalidade, que presente unha obra escrita en lingua galega conforme á normativa oficial. As obras presentadas deben ser orixinais e inéditas, entendendo por obra inédita a que non foi comunicada nin na súa totalidade nin en parte por ningún tipo de procedemento.
As obras presentadas poderán consistir tanto nunha novela curta como nun conxunto de relatos, en calquera caso cunha extensión total mínima de 50 páxinas estándar e máxima de 100, equivalentes respectivamente a 90.000 e 180.000 caracteres con espazos. Cada autora ou autor poderá presentar exclusivamente un traballo.
Premio: 4.000 € e a obra será publicada por Edicións Xerais de Galicia S.A.
O prazo de envío de obras estará aberto ata o 31 de marzo de 2025.
Máis información no BOP de Lugo do 15 de febreiro de 2025 e en https://axendacultural.aelg.gal/