III Certame Fondo de proxectos culturais Reino de Galicia para a promoción da realización de proxectos de carácter cultural que contribúan ao coñecemento e divulgación do Reino medieval de Galicia.
Poderán presentar os seus proxectos persoas traballadoras/es autónomas/os, as sociedades cooperativas con ánimo de lucro, e/ou empresas que teñan domicilio fiscal nalgún dos concellos do territorio galego
O certame céntrase en dous ámbitos de contido:
A) Proxectos centrados na posta en valor patrimonial, turístico e socio-educativo do pasado medieval de lugares, vilas e cidades da provincia da Coruña, a través da actualización do seu relato histórico contextualizado no marco do Reino de Galicia.
B) Proxectos centrados na difusión e posta en valor de figuras concretas do noso pasado medieval.
O prazo de solicitude estará aberto ata o día 11 de febreiro de 2025.
Convócanse 15 premios, polos seguintes importes máximos, que se reducirán de ser o caso, se o importe do orzamento do proxecto seleccionado é menor:
Para os tres proxectos con maior puntuación, 3 premios por un importe máximo de 20.000 €
Para os cinco proxectos seguintes en puntuación, 5 premios por un importe máximo de 14.000 €
Para os sete seguintes proxectos, 7 premios por un importe máximo de 10.000 €
Máis información no BOP da Coruña do 9 de xaneiro de 2025 e en https://www.dacoruna.gal/cultura/