Certame Literario Manuel-Oreste Rodríguez

O Concello de Paradela convoca un ano máis o Certame Literario na honra do seu fillo ilustre Manuel-Oreste Rodríguez López en tres modalidades: poesía, narrativa e Camiño de Santiago.

Poden concorrer ao Certame Literario todos os autores/as que o desexen, calquera que sexa a súa nacionalidade, admitíndose unha soa obra por categoría e autor.
As obras de narrativa terán unha extensión máxima de 20 folios, sen mínimo,  a dobre espazo.
As obras  de poesía terán unha extensión máxima de 100 versos.
En ámbalas dúas categorías deberán se orixinais, inéditas e non premiadas en calquera outro concurso e estar escritas en galego ou castelán.

A modalidade Camiño de Santiago, ten os mesmo requisitos, na que concorren de forma conxunta narrativa e poesía.

O prazo de entrega vai dende o 1 de outubro de 2025 ao 30 de novembro de 2025. Enviaráse un único exemplar, sen sinatura e cun lema.

Pódense remitir por correo postal a Concello de Paradela. Certame Literario (Modalidade), Rúa Cabaleiros de Santiago 15, 27611 Paradela. Lugo ou ao correo electrónico oix.paradela@eidolocal.es

Premios.
Modalidade narrativa:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
Modalidade poesía:
1º Premio: 1.000 €
2º Premio: 500 €
Modalidade especial Camiño de Santiago
1º Premio: 1.000 €

O xurado reservase a facultade de conceder dous accésits de 250 €, en cada categoría, asemade poderá conceder ata dúas mencións de honra como máximo, de 250 € en cada categoría.

Máis información no BOP de Lugo do 20 de marzo de 2025