O Ministerio de Educación convoca os premios do XXI Certame Universitario “Arquímedes”, de Introdución á Investigación Científica.
Poden participar no certame estudantes que estean matriculados durante o curso 2022-2023 e o curso 2023-2024 de estudos oficiais de grao ou máster en universidades españolas.
Premios:
– Un premio especial “Arquímedes” do Xurado, dotado con 8.000 euros, ao mellor traballo que destaque polo seu impacto científico, tecnolóxico ou social en calquera das áreas.
– Un premio especial de 6.000 euros, ao mellor traballo de investigación na área da economía, conmemorativo do Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sostible 2021 (ONU)
– Catro primeiros premios de 6.000 euros cada un
– Catro segundos premios de 4.000 euros cada un
– Catro accésits plus de 3.000 euros cada un
– Once accésits de 2.000 euros cada un
– Premio ao mellor traballo de investigación sobre o cancro, dotado pola Fundación “Vencer o cancro”, consistente en tres premios en metálico, un de 1000 euros ao mellor traballo de investigación sobre o cancro e dous accésits de 500 euros
– Premio para realizar un estancia no CSIC á memoria que reciba máis puntuación
– 6 premios de 2.000 euros ao profesorado que tutorizara cada un dos traballos galardoados cos catro primeiros premios e os dous premios especiais.
– Escolleranse ata un máximo de 3 traballos para que os seus participantes realicen unha estancia de formación nos centros e laboratorios do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC).
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 3 de febreiro de 2025.
Máis información no BOE do 3 de xaneiro de 2025 e en https://www.ciencia.gob.es/Convocatorias/2024/Arquimedes2024.html