CIBER.gal

O Nodo Galego de Ciberseguridade e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) coa colaboración do Colexio de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) organizan o IV Encontro Galego de Ciberseguridade CIBER.gal que ven de abrir o prazo de inscrición.

O CIBER.gal terá lugar os días 6 e 7 de novembro no Edificio Fontán da Cidade da Cultura e reunirá a expertos, empresas nacionais e internacionais, entidades locais e á cidadanía, para abordar os retos e oportunidades da seguridade no entorno dixital. As dúas xornadas poderán seguirse de xeito presencial ou en streaming previa inscrición, tendo en conta que a asistencia presencial está limitada ao aforo do espazo.

Durante estas dúas xornadas realizaránse obradoiros, conferencias, paneis de debate, representacións teatrais e concursos de ciberseguridade organizados en tres bloques dirixidos ás administracións públicas, á cidadanía e ao tecido produtivo. Os interesados en asistir poden inscribirse nun ou máis bloques.

Máis información
https://ciberseguridadegalicia.gal
Inscricións