Ciberseguridade no cole!

Telefónica organiza o concurso escolar Ciberseguridade no cole! dirixido a centros educativos de Galicia de Primaria e da ESO.

O obxectivo do certame é fomentar a concienciación en materia de ciberseguridade no ámbito escolar, e facilitar que o alumnado 5º e 6º de primaria e 1º e 2º da ESO adquiran os coñecementos e ferramentas para facer fronte aos riscos que entraña o uso dos medios dixitais. Así mesmo, persegue crear un impacto positivo na sociedade, contribuíndo a promover unha cultura de ciberseguridade entre os adolescentes e o traballo dunha forma colaborativa na súa fase final.

Ciberseguridade non cole! contará de dúas fases, unha inicial de clasificación en liña e outra final presencial. A primeira fase celebrarase o próximo 15 de outubro en horario escolar e terá un formato “Quiz Time”, na que todos os concursantes competirán en liña conectados a unha plataforma dixital (Kahoot!) e respondendo as preguntas expostas pola organización durante un mesmo espazo de tempo.

segunda fase desenvolverase o próximo 7 de novembro, en horario matinal e no marco do IV Encontro CIBER.gal, organizado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, onde se darán a coñecer os gañadores/as.

Os centros educativos de educación primaria e/o secundaria poderán formalizar a súa inscrición ata o 7 de outubro, ata as 14 horas.

https://atlanticacomunicacion.com/telefonica-lanza-la-4-edicion-del-concurso-ciberseguridade-no-cole