Comprensión e apoio ao alumnado no espectro do autismo

A Ferderación Autismo Galicia organiza unha formación en comprensión e apoio ao alumnado no espectro do autismo.
Esta formación consta de tres cursos no que se tratan as estratexias de apoio ao alumnado no espectro do autismo, relacións persoais e competencias sociais no alumnado no espectro do autismo, e a comprensión e prevención das condutas que nos preocupan no alumnado no espectro do autismo.

Organiza: Federación Autismo Galicia
Datas: Sábados 15 de febreiro, 8 de marzo e 29 de marzo de 2025.
Horas: 8h. cada curso
Horario: De 9:30h. a 14h. e de 15:30h. a 19h.
Persoas destinatarias: O curso está dirixido preferentemente a profesionais do ámbito educativo que traballen con persoas no espectro do autismo: mestres/as, profesorado, educadores/as, persoal de orientación, psicoloxía, psicopedagoxía, logopedia, audición e linguaxe, auxiliares técnicos educativos, coidadores/as, monitoraxe, formadores/as, así como outros profesionais interesados.
Prazas: 30 prazas por curso. Asignación de prazas por rigorosa orde de inscrición tendo PREFERENCIA as persoas que se inscriban nos tres cursos.
Modalidade: Presencial. Sede Afundación. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela.
Prazo de inscrición: Ata o xoves, 6 de febreiro de 2025 ás 12h.
Prezo: 65 € cada curso. Prezo reducido de 160 € ao inscribirse nos tres cursos á vez.

CURSO 1: COMPRENSIÓN E ESTRATEXIAS PRÁCTICAS DE APOIO AO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO
DATA: Sábado, 15 de febreiro de 2025
HORARIO: 9:30h. a 14h. e de 15:30h. a 19h.
LUGAR: Sede Afundación. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela.

CURSO 2: RELACIÓNS PERSOAIS E COMPETENCIAS SOCIAIS NO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO
DATA: Sábado, 8 de marzo de 2025
HORARIO: 9:30h. a 14h. e de 15:30h. a 19h.
LUGAR: Sede Afundación. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela.

CURSO 3: COMPRENSIÓN E PREVENCIÓN DAS CONDUTAS QUE NOS PREOCUPAN NO ALUMNADO NO ESPECTRO DO AUTISMO.
DATA: Sábado, 29 de marzo de 2025
HORARIO: 9:30h. a 14h. e de 15:30h. a 19h.
LUGAR: Sede Afundación.Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela.

DOCENTE: MARLENE HORNA CASTIÑEIRAS
Licenciada en Psicoloxía. Leva máis de vinte anos apoiando a persoas no espectro do autismo e as súas familias. Iniciou a súa actividade profesional na Unidade de Atención Temperá da Universidade de Santiago de Compostela realizando actividades de avaliación e diagnóstico, intervención, orientación, investigación e docencia. Continuou o seu labor formando parte do equipo técnico da asociación de autismo ASPANAES e, máis adiante, traballou na Unidade de Apoio en Contextos Naturais da Asociación Autismo Bata.
Na actualidade desenvolve a súa actividade profesional en dúas áreas principais: por un lado, na atención directa ás persoas no espectro autista e ás súas familias nas súas contornas naturais (fogar, escola, comunidade); e por outro, como consultora de profesionais e formadora e en asociacións, federacións, centros de formación do profesorado, universidades e outras entidades e, especialmente, en centros educativos.

https://www.autismogalicia.org/formacion_alumnado_autismo.html